Sunday 19 de May de 2024

Programación do Nadal en Riveira


Entre as novidades, un poboado navideño na Praza de España, unha carpa itinerante con actividades nas parroquias e un taller de fotografía solidaria

Departamentos Municipais de Educación, Servizos Sociais e Cultura do Concello de Riveira aliáronse para organizar a programación de Nadal máis solidaria que se recordan nas últimas edicións. Foron precisamente as edís destas áreas –Elvira Pisos, de Cultura; e Maricarmen Vizcaya, de Educación e Servizos Sociais- as encargadas de desgranar os máis de medio cento de actos e eventos que forman parte do calendario navideño, que comezará mañá mesmo coa apertura ás 20 horas na praza de España dunha pista de xeo: un acto de portas no que todos os interesados poderán probar gratuitamente a instalación.

Abriu a presentación de hoxe Maricarmen Vizcaya, quen salientou que é obxectivo do Concello que ningún neno se quede sen Nadal e, con tal motivo, destinouse unha partida orzamentaria de 5.000 euros a que uns 120 nenos pertencentes a familias implicadas en programas de apoio social reciban distintos agasallos propios desta época, como xoguetes educativos, ademais de reservar un 10% de prazas en todos os obradoiros e espectáculos dirixidos á poboación infantil co obxectivo de fortalecer a súa presenza neste tipo de actividades.

Entre as novidades deste ano, Elvira Pisos salientou a instalación dun poboado navideño na praza de España do 20 de decembro ao 4 de xaneiro que albergará diferentes actividades (manualidades, contacontos, dinamización musical…) e unha carpa itinerante que visitará todas as parroquias, con inchables, multiobradoiros, xogos cooperativos, repostería creativa ou a chegada do Carteiro Real. Pisos tamén fixo fincapé nun taller solidario de fotografía promovido por Emovere Studios no que a forma de participar consistirá na doazón de 5 kilos en alimentos (día 14 no Auditorio).

PROGRAMACIÓN

OBRADOIROS

ARTE FLORAL E DECORACIÓN DE NADAL

– Aulas de Servizos Sociais
Datas: 16, 17, 18 e 19 de decembro
Horario: 18:00- 20:30 h

De 16 anos en diante, máx 25 persoas

COCIÑA E REPOSTERÍA DE NADAL

– Aulas de Servizos Sociais
Datas: 16,17, 18, e 19 de decembro
Horario: 19:30 a 21:30 h

De 16 anos en diante, máx. 25 persoas

ARTE E INICIACIÓN ÁS ARTES PLÁSTICAS

– Conservatorio de Riveira
Datas: 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 e 5 de xaneiro
Horario 11.30- 13.30 h

De 8 a 15 anos, mín. 10 e máx. 20 persoas

INFORNADAL. INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS.

– Aula Multimedia de Riveira
(Cubeliños, no baixo da Gardería Municipal)
Datas: 22, 23, 29 e 30 de decembro
1 Grupo: de 9 a 13 anos, mín. 7 e máx. 12 persoas
Horario de 10.00 a 14.00 h

NADAL CONCILIA

– Riveira e Palmeira, Conservatorio Municipal de Riveira.

Datas: 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 e 5 de xaneiro
Horario 09.00- 14.00 h

2 Grupos: de 3 a 8 anos. Mín. 15 e máx. 30 persoas/grupo

NADAL XOGO, Pan e Galletas

– Aguiño, Castiñeiras e Carreira, Casa da Cultura de Aguiño.
– Corrubedo, Olveira, Artes e Oleiros, Centro Social de Corrubedo.

Datas: 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 e 5 de xaneiro
Horario 11.00- 13.30 h

De 4 a 8 anos, mín. 15 e máx. 30 persoas/grupo

Inscrición e matrícula gratuíta!

No Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira
(R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º Andar, Dta. Riveira. –fronte á Biblioteca Municipal).
Tlf. 981 835650 – culturaefestexos@riveira.com
Días 11 e 12 de decembro para Arte Floral e Cociña e Repostería de Nadal.
Do 15 ao 18 de decembro de 10:00 a 14:00 h, para obradoiros multidisciplinares
Nadal Concilia e Nadal Xogo, os talleres de Artes Plásticas, InforNadal e PekeNadal.

Nota: Terán prioridade os participantes empadroados en Riveira.
A selección será por rigorosa orde de inscrición. Os inscritos telefonicamente ou por correo electrónico serán anotados ás 14 h do día correspondente ao ter prioridade as inscricións presenciais.

PEKENADAL

Encontros de nais/pais e nenas/os onde se realizarán xogos, panxoliñas e cancións, lectura de contos de Nadal, etc.

Aula Municipal de Ballet de Riveira
Venres 26 de decembro e venres 2 de xaneiro
De 11:00 a 13:00 h

Nenas e nenos de 0 a 2 anos acompañadas/os dun adulto
Mín. 10 e máximo 30 participantes/sesión

Inscricións no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira
(R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º Andar, Dta. Riveira. –fronte á Biblioteca Municipal).

CINE DE NADAL

Multicines Barbanza ás 15.30 h

Martes 30 de decembro: “FROZEN” Animación (T.P.)
Venres 2 de xaneiro: “LAS AVENTURAS DE PEABODY Y SHERMAN” Animación (T.P.)

Nota: No cine darase prioridade aos nenos e nenas (un adulto por neno).
As entradas recolleranse ½ hora antes de cada función nos cines, entregando 2 por persoa ata encher aforo.

TALLER SOLIDARIO DE FOTOGRAFÍA

Auditorio Municipal
Domingo 14 de decembro, de 10:30 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Taller solidario – 5 kg de alimentos doados por cada asistente
Información e inscricións en: www.emoverestudios.com/taller-riveira
Organiza Emovere Studios

MÚSICA e DANZA e ACTOS CO TECIDO SOCIAL

Cinema Galego
Proxección do filme ENCALLADOS de Alfonso Zarauza
Auditorio Municipal
Venres 12, de decembro, ás 11:00 h (para Centros Educativos) e ás 21:30 h en aberto.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística de Riveira.

Xornada de Portas Abertas de Danza Clásica
Escola Municipal de Ballet
Aula de Ballet do Conservatorio Municipal
Luns 15 de decembro, ás 18:15 h (GRUPO I)
Martes 16 de decembro, ás 18:00 h (GRUPO II)
Dirixido a nais e pais dos alumnos/as da Escola Municipal de Ballet de Riveira.

Festival de Aires da Dorna
“Grupo de Baile de Aires de Dorna e Cantareiras de Aires do Barbanza”
Auditorio Municipal
Venres, 19 de decembro, ás 20:30 h

Festival de Amas de Casa de Riveira
Grupos de danza jazz, zumba e pandeireta
Auditorio Municipal
Sábado 20 de decembro, ás 19:30 h

Festival de Nadal de Alfaia
Círculo Mercantil de Riveira
Domingo 21 de decembro, ás 19:00 h

Concerto Solidario GOSPEL VIDA
A favor da ONG El Oraj
Auditorio Municipal
Domingo 21 de decembro, ás 19:30 h

Concerto de Confraternidade
Coral Polifónica Municipal de Riveira
Coral Polifónica do Círculo Mercantil
Igrexa Parroquial de Santa Uxía
Xoves 25 de decembro, ás 20:15 h

Concerto de Jazz con “VOLANDO LIBRE”
Auditorio Municipal
Domingo 28 de decembro, ás 19:30 h

“DNadal, II festival de baile e música tradicional Tahúme”
Grupo de baile e música tradicional Tahume
Auditorio Municipal
Sábado 3 de xaneiro, ás 19:30 h

GALA GALEGA DE TENIS 2014
Federeación Galega de Tenis
Auditorio Municipal
Domingo 4 de xaneiro, ás 19:30 h.

ESPECTÁCULOS INFANTÍS

SESIÓN DE CONTACONTOS
“Un Nadal co meu avó” de Artestudio Teatro.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Luns 22 de decembro, ás 19:00 h

MONICREQUES DO NADAL
“O Apalpador contra o ladrón de xoguetes” de Cachirulo.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 23 de decembro, ás 19:00 h

NADAL MÁXI CO
“Maxia de aquí e de acolá” de David Méndez.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Venres 26 de decembro, ás 19.00 h

TEATRO INFANTIL E FAMILIAR
“ Espantallo amigo” de Neira Vilas, a cargo de Os Quinquilláns.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Sábado 27 de decembro, ás 19:00 h
SNL de Riveira, Rede de Dinamización Lingüística e Nadal en Rede (Xunta)

CONCERTO INFANTIL
“A cantar con María Fumaça”
Espectáculo musical para xente miúda da coñecida artista UXÍA
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Domingo 28 de decembro ás 12:30 h.
SNL de Riveira, Rede de Dinamización Lingüística e Nadal en Rede (Xunta)

DANZA COAS DRÍADAS
A ORIXE “Catro no metro” de Artestudio X. Cultural.
Auditorio Municipal. Espectáculo didáctico.
Luns 29 de decembro, ás 19:00 h

NADAL MÁXI CO
“Terceiros Camiños” a cargo do Mago Rafa.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 30 de decembro, ás 19.00 h

MONICREQUES DO NADAL
“Pinocho” de Títeres Cachirulo.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Venres 2 de xaneiro, ás 19:00 h

Nota: Nos espectáculos darase prioridade aos nenos e nenas (un adulto por neno).
As entradas recolleranse ½ hora antes de cada función, entregando 2 por persoa ata encher aforo e perderán validez unha vez chegada a hora da actuación se hai xente agardando para entrar.

CAMPAÑA COMERCIAL DO NADAL “No Nadal merca no teu Concello”

NADAL NA RÚA – INCHABLES

Noiteboa
Mércores 24 de decembro
Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas)
Horario 12:00 a 14:00 / 16:00 a 19.00 h

Noitevella
Mércores 31 de decembro
Rúa de Galicia (zona Museo Municipal)
Horario 12:00 a 14:00 / 16:00 a 19.00 h

IMOS CANTAR OS REIS!

Obradoiro participativo de Recuperación dos Cantos de Reis

Lugar: Local da Asociación de Empresarios

Obradoiro de construción de instrumentos e Cantos de Reis; a continuación SAÍDA polas rúas da cidade e visitas aos comercios cantando panxoliñas e rematando cunha merenda de confraternidade.

Sábado 20 de decembro, de 17 a 20 h
Mércores 24 de decembro, de 16:30 a 19:30 h

Participantes: 40 persoas, de 2 anos en diante (os menores de 4 anos terán que vir acompañados dun adulto). Inscricións na Asociación de Empresarios dende o 15 de decembro ata encher prazas (T. 981 873719).

RÚAS E PRAZAS MUSICAIS AMBULANTES

Animación de rúas e prazas con música e espectáculos variados, comezando polas zonas comerciais e rematando nos locais da hostalería.

Sábado 20 de decembro
Concerto Acústico de blues do País, con PEPE KING E BIEITTA JAMES
Rúa Santa Uxía
De 19:00 a 22:00 h.

Sábado 27 de decembro
CÉ ORQUESTRA PANTASMA; o home orquestra, con mil e un instrumentos para nenos e maiores que percorrerá rúas e prazas…
A partir das 19:00 h.

Sábado 3 de xaneiro
Concerto Acústico de jazz, co TRI-O-MÁTICOS
Praza de Vigo
De 19:00 a 22:00 h.

Campaña coa FEB “NESTAS FESTAS REGALA COMERCIO LOCAL”:
Máis de 20.000 € en vales de compra. Do 1 de decembro de 2014 ao 6 de xaneiro de 2015. Sorteo ante notario o 9 de xaneiro!

O Centro Hostaleiro Aberto de Riveira (CHA) ofrecerá as seguintes actividades:

*05/12: Concerto de “Recambios Tucho”, na Caseira, a partir das 23:30 h.
*12/12 : 1º Aniversario do “Nuevo Noruego”. Concerto de “Pan de Leña”, a partir das 22:30 h. As cañas serán a 1€ durante todo o día. Sortearase entre a clientela unha noite nun SPA con pensión completa.
*12/12: Concerto “Acústica”, na Caseira, a partir das 23:30 h.
*13/12: Na Caseira. Edición especial de “Queres saber o que se sente sendo DJ?”. DJ por un día, coa colaboración especial de Magic Mendes e Fátima Mella.
*21/12: Na Caseira. Globoflexia e Maquillaxe, a partir das 18:00 h.
*24/12: Concerto no Capitán Morgan. A partir das 13:00 h.
*26/12: Festival na Rúa do Sal, “Vive a música”.
*26/12: Concerto de “Litrisistas”, na Caseira, a partir das 23:30 h.
*28/12: Na Caseira. Globoflexia e Maquillaxe, a partir das 18:00 h.
*04/01: Na Caseira. Globoflexia e Maquillaxe, a partir das 18:00 h.
*05/01: Concerto de “Covers Band”, na Caseira. A partir das 23:30 h.

*31/12: GRAN FESTA DE FIN DE ANO EN TODOS OS LOCAIS HOSTALEIROS DE RIVEIRA E NA CARPA DO MALECÓN.

POBOADO NAVIDEÑO:
Espazos temáticos para actividades do NADAL
Na Praza de España, do 20 de decembro ao 4 de xaneiro de 17:00 h a 21:00 h.

O Carteiro das SS.MM. os Reis Magos de Oriente visitará a cidade de Riveira no POBOADO DE NADAL e repartirá caramelos e boletos para o sorteo de 3 agasallos que farán os REIS MAGOS DE ORIENTE dende o balcón do Concello o día da Cabalgata… Non perdades o voso!!

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO POBOADO DE NADAL

17:00 a 19:00 h.: MANUALIDADES NAVIDEÑAS E GYMKANA NA CARPA-CAMIÓN
17:00 a 19:00 h.: CONTACONTOS NA CASA DE HANSEL E GRETEL
19:00 a 20:00 h.: DISCO-IGLÚ (dinamización musical para o público infantil)
20:00 a 21:00 h.: VISITA DO CARTEIRO REAL na Carpa Iglú

NOTA IMPORTANTE: O carteiro real estará todas as tardes dende o 20 de decembro ata o 4 de xaneiro no horario indicado, agás as tardes do 24 e 31 de decembro que as actividades no poboado rematarán ás 20:00 h.

NADAL PELEGRÍN:
Carpas itinerantes polas parroquias coa visita do Carteiro Real.

O Carteiro das súas SS.MM. Os Reis Magos de Oriente visitará as parroquias de Riveira e repartirá caramelos e boletos para o sorteo de 3 agasallos que farán os REIS MAGOS DE ORIENTE dende o balcón do Concello o día da Cabalgata… Non perdades o voso!!

PROGRAMA DE ACTIVIDADES NAS CARPAS:

16:30 a 20:30 h.: INCHABLES
16:00 a 17:30 h.: MULTIOBRADOIROS “Reciclaxe navideño”
16:00 a 17:30 h.: XOGOS COOPERATIVOS “Gymkanas grupais”
17:30 a 19:00 h.: REPOSTERÍA CREATIVA “Cociña de Nadal”
19:00 a 20:00 h.: DISCO-XOGO
20:00 a 21:00 h.: VISITA DO CARTEIRO REAL

Luns 22 de decembro en CARREIRA na explanada das festas, se chove, na Casa da Cultura.
Martes 23 de decembro en CORRUBEDO na explanada do porto, se chove nas aulas multiusos do grupo.
Venres 26 de decembro en OLVEIRA na explanada Casa da Cultura, se chove, dentro.
Sábado 27 e Domingo 28 de decembro en AGUIÑO no porto, se chove no Auditorio de Aguiño ou na Casa da Cultura.
Luns 29 de decembro en ARTES no Centro Recreativo, se chove, dentro.
Martes 30 de decembro en CASTIÑEIRAS no adro da igrexa, se chove na Casa da Cultura.
Venres 2 de xaneiro en OLEIROS na explanada do novo centro social.
Sábado 3 e Domingo 4 de xaneiro en PALMEIRA no porto, se chove na Sociedade Hijos de Palmeira.

EXPOSICIÓNS

“CENTENARIO CARLOS GARCÍA BAYÓN”
Biblioteca Municipal de Riveira.
Con fondos da Biblioteca e o Arquivo Municipais
(libros, documentos, fotografía, recortes de prensa…)
Do 15 de decembro de 2014 ao 9 de xaneiro de 2015.
Horario: De 10 a 14 e de 17 a 21 h, de luns a venres.
Entrada libre e de balde!

“A DIVINA COMEDIA-O INFERNO. Gravados de Dalí”
Con fondos da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital
Sala de Exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira.
Acto Inaugural: Venres 19 de decembro, ás 20:30 h.
Do 19 de decembro de 2014 ao 31 de xaneiro de 2015.
Información: T. 981 835650 e culturaefestexos@riveira.com
Entrada de balde!

“O SANTA ISABEL. EMIGRACIÓN, TRAXEDIA, HEROÍSMO”
Visita guiada para público en xeral
Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Riveira.
Luns 22, martes 23 e venres 26 de decembro ás 17:30 h.
Información: Telf: 981 873595 e museo@riveira.com
Entrada de balde!

BAILE DOS NOSOS MAIORES

Actuación do Grupo CANCÚN
Xoves 1 de xaneiro, ás 20:00 h
Casa do Mar de Riveira
Colabora o Club de Pensionistas e Xubilados do Mar de Riveira.

Actuación do Grupo CANCÚN
Martes 6 de xaneiro, ás 20:00 h
Aula de Música de Aguiño
Colabora o Club de Pensionistas do Mar de Carreira e Aguiño.

FESTA DE NOITEVELLA

Noite do MÉRCORES 31 de decembro.
Paseo do Malecón, a partir da 01:00 h
Baile, música de DJ´s e en directo e moita festa…
Entrada de balde. Entregarase o imprescindible cotillón (ata rematar existencias)!

CABALGATA DE REIS

Luns 5 de Xaneiro, ás 17:30 h
Saída da zona Portuaria de Riveira
Percorrerán toda a cidade para saudar
aos nenos e nenas dende o balcón do Concello.

Os Reis Magos sortearán 3 agasallos entre todos os cativos que visitaron ao Cart